Non sei que dicir.
A priori, sacar un punto no Wanda é un resultado aceptable para nós, dende logo.
Pero fallando ocasions como as de Durán ou Mingueza dende logo xa nos podemos olvidar de loitar por acceder a postos de competicións europeas.
Sempre é igual, xogamos bonito e competimos ben, pero ben por falta de acerto, ou por roubos arbitrales, ou cagadas absurdas en defensa, etc. ao final se nos escapan moitos partidos e puntos necesarios para pensar sequera en acercarnos a eses postos europeos. E máis tendo un dianteiro que leva casi 3 meses sin marcar un gol e outros xogadores como Williot que están estancados e moi irregulares (che fai un partido bo e logo outros 4 desaparecido).
Enfin, non digo que estemos mal, en principio estamos asentados en Primeira División que iso xa é algo que varios clubes históricos anhelan e non poden, simplemente hai que aceptar a realidade que moi difícilmente volvamos a xogar en Europa polo menos a corto plazo, estamos lonxe dese punto, a veces parece que o éxito nos asusta e cando estamos en camiño de conseguir algún logro importante ao final por h ou b a cagamos.
A min no fondo non me quita o sono non xogar en Europa, eu me conformo con ver ao equipo practicando fútbol de salón, ver aos rapaces medrar, descubrir novos talentos da nosa canteira e disfrutar dos últimos anos do noso Príncipe das Bateas. Con iso xa disfruto. Dende logo con Claudio demos un paso de xigante en comparación co mediocre Benítez que tivemos que sufrir. Me gusta éste novo modelo de apostar en serio pola canteira, volver ás nosas raíces estilo Athletic ou RSociedade fai uns anos. Claudio ainda cos seus errores me parece o mellor adestrador que pode ter o Celta, sen dúbida, e espero que nos dure moito tempo e logre formar un proyecto estable.