Guaita está para jubilarse pero no jodáis, los de hoy los paran 3 porteros de toda la Liga.
Todo para no reconocer los errores de Iglesias en marca a Guller y de Carreira en el pase malo en el área del Madrid
Bascore, que non tes razón. Que hai erros antes? Pois claro que os hai, por iso se dan esas situacións. Porén, é o de sempre: calquera tiro algo complicado é gol encaixado de Guaita.
E non o digo eu, dino as estatísticas: Guaita é o peor porteiro de primeira división só por riba do do Valladolid. Por exemplo, en relación a tiros recibidos e goles encaixados é o segundo peor. Guaita ten unha porcentaxe de %salvadas do 63%, é dicir, case a metade do que vai a portería é gol. Os mellores son Oblak, Simón e Courtois, todos nun 78%. Pero é que de 24 porteiros con estatísticas relevantes da Liga, 14 paran máis do 70% do que lle tiran por dentro. Guaita non chega ao 65%.
Se queres mirar outras estatísticas, os datos son semellantes: do peor de primeira. Para que nos fagamos unha idea, porteiros como Cillesen ou Dmitrovic, de equipos que xogan a descender, andan por riba do 70%. Para chegar a números semellantes ao nivel de Guaita tes que ir a porteiros como Adrián, do Betis, Iñaki Peña ou Gazzaniga.
Que con mensaxes como a túa parece que cada partido Guaita ten que xogar contra a mellor xogada de Pelé, pero logo o contrario fai tamén as tremendas paradas, que tamén xogan.Hoxe sen ir máis lonxe Courtous fai unha tremenda parada a un remate de cabeza a un lado que xa me gustaría verlle parar a Guaita. É a diferenza entre comezar 0-1 ou 1-0. E non penso que non hai moito máis.