Parece que o nome de Denis Suárez volve soar con forza para reforzar ao Celta neste mercado. Segundo apuntan varios medios, hai un acordo bastante avanzado entre o xogador e o club, aínda que primeiro habería que liberar masa salarial e algunha ficha (Aidoo ou Cervi estarían na rampa de saída).
O propio Claudio Giráldez estaría detrás da operación, convencido de que Denis pode ser clave para mellorar a saída de balón e darlle máis claridade ao medio campo. A presidenta Marián Mouriño tamén vería con bos ollos o seu regreso, e incluso o propio xogador mantén relacións positivas co club a través da súa escola de fútbol.
A nivel deportivo, todos sabemos o que pode dar: visión, último pase, experiencia en grandes clubs… pero tamén arrastra a sombra do pasado, a súa irregularidade e aquela saída complicada pola mala relación coa anterior directiva.