Xa estamos coas boas intencións e os contratos de palabra. Mentres que en xeral estou dacordo en que é mellor respetalos acordos e non aceptar certos comportamentos, coido que dependendo de como fosen as conversación había que consideralo e non pecharse esa opción. Non é o mesmo iniciar unha subasta e impoñerte un novo precio que recibir ofertas de clubes interesados, ver que podías ter gañado un pouco máis, e intentar razonar co Celta que eles necesitan o diñeiro porque están pelados. Polo pronto, sen saber como foi a cousa parece que eles respectaban o acordo con nós e nos daban prioridade sen pedir tanto como lles ofrecían outros.
Ao final estamos a falar un rapaz de 24 anos, que acaba de romper a marcar goles, con ganas de vir, cun salario (parece) baixo e que viría en propiedade. Postos a traer un dianteiro parecía un bo negocio de principio a fin. Moito millor que ir a por un dianteiro de 31 anos cedido que ven de apenas xogar nada en medio ano.