Eu estou un pouco coma vós, non é que o teña moi moi visto, cando máis partidos lle vin foi na copa de fai 2 anos, que si que é un torneo que me encanta ver desde rondas baixas con este formato por se eliminan aos primeira un pueblo perdido da man de diós.
De primeiras xa me gusta no sentido de que obviamente é unha aposta enserio se pretenden traelo en propiedade, dese ou non, polo custo que tería. Polo que supoño que haberá bastante análise detrás. Sería apostar por un porteiro de verdade por primeira vez en moitos anos.
Sempre pensei que era máis alto, porque o recordo bastante longo e axil e téñoo por un porteiro no xogo aéreo digamos que máis que bo ou malo, bastante valente con acertos e erros(pero tampouco o aseguraría, é máis a percepción que teño. Se é o caso gústame). Bastante completo en xeral.
Dito isto, paréceme moi moi sorprendente, é o último que se me ocurriría. A cabeza veuseme no pasado como un porteiro interesante pero enseguida o desvotei pola tremenda inflación en salarios e traspaso que lle meten a todas as operacións. Este desde logo que como minimísimo e con Unai polo medio sae con sorte por eses 5-7 millóns de Leo e non creo que a ficha fose moito menos precisamente. Curioso. Eu por eses números prefiro a Leo pero este gústame.