Nos poucos partidos do AZ que vin o ano pasado (contra o Go Ahead e algún outro por curiosidade porque se falaba del e de Karlsson) deume a sensación de ser un armario capaz de baixar unha lavadora e de gañalo todo por arriba. En carreira tamén parece un tren moi difícil de parar en distancias cortas. Claro que as defensas alá son brandiñas, que lle digan a Larsen o que lle está a custar a adaptación, pero creo que este ten moitas máis tablas e, sen ser tan alto, debe ser bastante máis ancho que o noruegués.
Hai tempo que non vexo xogar a Mir e igual me confundo, pero creo que Pavlidis é todo o que esperaba que fose o murciano.