Xa que o Madrid ten overbooking de dianteiros, non se podería falar con eles para rascar unha cesión de Endrick ou Gonzalo? Calqueira das dúas opcións sería un puntazo para nós, dende logo (xa que Mbappe xogará o 90% dos minutos salvo lesión).
Ayer leí que nos ofrecieron la cesión de Endrik
Non me podo crer que o Madrid nos ofreza a Endrick e non aceptemos. A ese rapaz se ve que se lle caen os goles, o ano pasado o pouco que xogou marcaba gol, e xeraba sensación de perigo constante. É a gran promesa de Brasil para os próximos anos, e véndolle o ano pasado teño claro que a vai romper a pouco que lle deixen xogar. Un aniño dese rapaz en Vigo, xogando Europa League e recibido asistencias de Aspas, Mingueza e cia e explota con nós, no Madrid está moi desaproveitado e parece que Alonso lle gusta máis Gonzalo ca él.
Habería que ver o tema da ficha, que non sei canto cobra alí, si fose asumible e acordando pagarlle a metade nós e a outra eles, pois non vexo porque non nos lanzamos xa. E iso que a min Borja me parece que o fixo ben o ano pasado e foi importante para o grupo, pero un ano de Endrick aquí podería ser máis potente ca un Panda que cos anos vai a menos, ademáis o Betis está tocando moito as narices e estirando o chicle.
Está claro que aquí no celtismo todos son moi Pandistas (empezando por Claudio), pero sendo objetivos e falando coa cabeza fría Endrick ten máis gol, máis movilidade, xoven, maior potencial, un cañón de disparo dende media distancia.... ofrece moitas máis cousas ca o Panda (excepto que non é rapaz da casa e como é do Madrid caerá mal e por iso non o queremos....).