Agora mesmo, xa sen contar a Dotor, hai 30 xogadores (ou 29+Sotelo, que iluso de min sigo soñando con que se arranxe a situación).
Intentando ser realista, coido que os que teñen garantizado ao 99% quedar, porque queren eles, o club e Claudio salvo locura serían: Guaita, Iván, Iago, Mingueza, Jailson, Hugo Álvarez, Damián, Williot, Douvikas, Aidoo (con certos asteriscos), Beltrán, Manquillo, P.Durán e o recente Borja iglesias. Serían 15 de partida asegurados
Logo están os que entendo que desde o club e o propio Claudio esperan desfacerse en forma de cesión ou venta si ou si neste mercado, porque máis ou menos é viable a situación: Lobete, Alfón, Paciencia, Manu, Kevin, Tadeo (coa subida de Pablo, entendo que o que di Ó. Mendez ten sentido, demasiados para a posición) e Ristic.
O terceiro grupo sería dos xogadores sobrepagados, que entendo que tanto Claudio como o club verían ben desprenderse deles polo marxe salarial altísimo que liberan, pero que comeza a haber certa aceptación xeral de que se van quedar salvo sorpresa: Carles, Unai e Cervi.
O cuarto e último grupo que identifico é o dos comodíns, xogadores que tanto Claudio como o club queren contar con eles, pero ao ter unha saída máis fácil, se non se conseguen outras acabarán saíndo: Carreira, Starfelt, Sotelo(polas particularidades do seu caso) e De la Torre.
Por último estaría Bamba que creo que está nun limbo entre o terceiro e cuarto grupo, segundo que aspectos.
Queda un mundo de traballo por diante aínda. Seguimos con 30 xogadores 2 meses despois de rematar a tempada.