Si es que realmente imprescindible solo veo hoy en día a Aspas y Guaita. Cualquiera del resto es sustituible aunque espero que a los canteranos no los suelten como es obvio.
Para min imprescindibles hai uns cantos máis. Entendendo imprescibles como xente importante de rendemento contrastado no presente ou cun crecemento por diante grande dos cales non tería sentido desprenderse, salvo por oferta absolutamente fóra de mercado que non vai chegar.
Porteiro: Guaita
Centrais: Aidoo, Charlie e incluso Starfelt
Laterais/Carrileiros: Hugo e Manquillo
Mediocampo: Damián, Sotelo
Dianteiros/Extremos: Iago, Larsen, Douvikas, Williot.
Para min destes non me desfaría de ninguén. É dicir 12.
No segundo escalafón están os que nun mundo ideal pois irían fóra pero que tal e como están as cousas con dúbidas maiores ou menores segundo o caso pois non poño queixas a que se queden:
Iván, Mingueza,1-2 entre Fran, Jailson e DLt, 1 entre Bamba e Carles, 1 entre Manu e Ristic. 6 máis.
No terceiro escalón está o dos cedidos que retornan e que se terían que gañar o oco en pretempada, xunto a nomes moi particulares pola súa xuventude, baixo soldo, ascendencia no equipo:
Carreira, Fontán, Miguel, Kevin e quizais Allende. 4-5 máis.
En total xa irían 21-23 xogadores, sen contar a ningún dos que están no filial este ano e que se poidan gañar un oco en pretempada e partindo de 0 fichaxes.
E xa no cuarto escalón para min o das saídas que deberían ser claras en forma de cesión para curtirse/ter minutos ou directamente porque non ten sentido a súa continuidade:
Unai, 1 entre Manu/Ristic, Dotor, Baeza, Cervi, 1 entre Carles/Bamba, 1 entre Fran e DLT, Paciencia, Lobete, Lautaro, quizais Allende
Menos destas saídas pareceríame unha loucura sinceiramente. Creo que tampouco fun demasiado optimista nos nomes, nin no tipo de nomes. Asumindo que Larsen sairá e para min sería dos imprescindibles e que a limpia será máis reducida do necesario.