A ver , que aquí está xa todo dios dando por feito que ese home vai vir o Celta , que non cunda o pánico que de momento nada de nada mais alá de rumores de baratillo . A min paréceme unha operación moi complexa por moitas razóns , punto un , Iglesias non vai renunciar a moito menos dos cerca de doce millóns que lle quedan por cobrar , xa que gaña dous limpos e quédanlle tres anos e xa sabemos que os bolsos de diseño están moi caros , punto dous , o Celta non lle vaiu pagar iso a Borja , punto tres , o Betis ainda que daría palmas coas orellas por desfacerse del tampouco o vai deixar marchar gratis que pagou cerca de trinta millóns . Resumindo , ou Borja se baixa moito o salario que o dubido , ou o Celta págalle o que cobra no Betis ou se acerca , que o dubido moitisimo a non ser que o deixen libre . Na miña opinión teñen que darse tantas variables que a min pareceme moi dificil . Fixádevos que eu vería mais creible que o unico que cedese fose o Betis por librarse da ficha a pesar de pagar por el 28 millóns , e ainda así pareceríame moi dificil . En fin , sinto o rollo , pero na miña opinión , nin está feito , nin está cerca de facerse , e sigo dubidando moito que chegue a facerse