E seguimos sendo un dos clubs máis saneados do estado, pero como se ten dito moitas veces, non é o mesmo o estado económico dun club que o límite salarial.
A Larsen non o vendimos, ata o ano que ven está cedido. E tampouco libera tanto como pensamos con Larsen, que cobraba pouco e no seu día custou 13 kilos.
O Celta volverá ter bastante máis e
espazo salarial no límite para o ano. E moitísima máis, volvendo a estar nunha situación privilexiada en 2 anos, sempre que as cousas se sigan facendo nestes derroteros.
Cando as fichas de millón e millón e pico de euros que ocupan moitos no club que son medianías a pasen a ocupar rapaces do filial cobrando inicialmente un tercio ou cuarta parte. Como está comezando a pasar por fin este ano, teremos moito máis marxe para acometer fichaxes de certa embergadura poñendolle boas fichas. Logo que saian ben claro, que poden sair como Bamba. Pero a idea é esa.
Tampouco creo que teña demasiado sentido falar do problema dos últimos 6-7 anos da xestión Mouriño, que comparto totalmente, porque precisamente os pasos están indo a emendar a como chegamos a este punto, polo que a propia directiva actual é consciente. Outra cousa é se a alternativa a dan feito ben ou non, pero para iso só queda esperar, os pasos ata agora son correctos.