É que temos 3 competicións, e o lóxico é que nas 3 xoguemos bastantes partidos salvo debacle copeira.
En 50-60 partidos, hai lesións, molestias, baixóns de rendemento e rotacións continuas con Claudio. Eu si que vexo vital un xogador para substituir a Fer (non me importaría que fose Iker téndoo desde o comezo aquí se non se poden opcións de máis caché).
Se para algúns Jutglá foi suplente no Brujas xogando 3.000 minutos porque xogou pouco en liga, imaxínade.
Outra cousa é que se confirmamos a fichaxe de Zaragoza, digamos que o urxente finiquitámolo en canto a entradas e xullo e comezos de agosto deberían ser o mes e pico das saídas. Garcés debería centrarse ao 99% niso e en conseguir sacar ao maior número posible de xogadores cos que Claudio non conte (de primeiras sáenme Carles, Unai, Dotor, Aidoo, Manu sánchez/Ristic, Villar/Vidal, Cervi...) e tamén ver qué facer co caso Beltrán (venda, xogar este ano sen renovación, renovación a baixa) e coa renovación/venda de Mingueza.
A partir de aí xa se verá a situación, número de fichas, oportunidades de mercado, LS para as 2-3 incorporacións finais.