Pois por iso digo, que se todo fora tan sinxelo como exercer un día a opción e vender ó día seguinte, coller a pasta e saír correndo non habería dúbidas pero a cousa non ha de ser tan así..
Ben, aclarado isto, a miña opinión é que o Celta vai exercer a OdC.. O tema de cobrar moito e que vai ter que rebaixar a ficha e tal que é do que máis se está falando coido que é o de menos. A ficha xa quedou fixada e polo tanto xa está rebaixada e o Celta vai poder asumila; outra cousa é que ían ter que desprenderse antes doutras (Bamba e Carles básicamente). Pero que o teñen contemplado e no caso hipotético asumido, téñoo clarísimo.
Se a racha no que queda de tempada ou se encrapicha alguén e lle ofrecen contratazo a él e pasta ó Celta pois adeus moi boas pero senón eu sí vexo a Illaix de celeste na 25-26. Bastante claro amáis, tírome unha tripla