Tanto diñeiro tirado en Cervi e Bamba, cando o verdadeiro extremo desequilibrante o tiñamos na casa, e cando por fin nos dimos conta xa nolo arrebatan.... vaia cara de tonto se lle queda a un, de verdade. Esta directiva parece que vai dando paos de cego.
E agora a ver a quen elixen para sustituir a éste rapaz, porque levamos unha rachiña curiosa á hora de elexir extremos...
A ver qué pasa con Williot e Hugo Álvarez, quizáis entre ambos poidan paliar en certo modo a ausencia de Alfon.
E Alfon que xogue de aquí ao final, e todo o mundo a apoiarlle, agora mesmo é peza vital si queremos aspirar a clasificar a Europa.
Vaia nivel está mostrando, estase a convertir nun dos xogadores revelación da liga.
Non sei si o Sevilla o ten atado ou non, coidado non vaian aparecer máis buitres e llo levanten ao final.