Se hablaba de Sarabia que podría jugar ahí.
Pero o tema non é que poida xogar aí, se no Celta esa posición pódena ocupar uns cantos (así a bote pronto sáeme Williot, Hugo, aspas, Ferlo, Iker, Durán...) algúns para momentos puntuais e outros que poden ser máis específicos, o problema está no perfil.
Un xogador vertical e encarador de 1 vs 1 non hai ninguén en plantilla (quizais o máis parecido pode ser Hugo pero Claudio parece que non o ve aí) e Sarabia non suple iso por moi bo que sexa.
Niso tamén insiste moitas veces Claudio cando fala de perfís máis que de posicións.
É máis, a risco de equivocarme, Sarabia non o vexo prioritario para nada no Celta, sería un pouco a guinda do pastel como xogador polivalente e de nivel, se cuberta portería, 9, pivote e ese xogador de 1 vs 1 hai espacio salarial, pero non cubre ningún dos baleiros importantes que ten o equipo nin é o lugar onde facer o desembolso prioritario este verán.