Pois eu non son partidario de abrirlle a porta en Xaneiro. Primeiro están os intereses do clube, agora mesmo a metade de tempada non podemos quedar so con Borja (que vai moi xustiño no aspecto goleador) e Durán que so leva dous días na élite e hai que levalo con calma. Sen Douvikas perdemos moito potencial en ataque.
Non se pode ir a metade de tempada.
Logo en Xuño si quere que traiga unha oferta convincente e non haber problema para negociar unha saida, pero agora non pode ser.... Unha cousa é ter en conta a vontade do xogador e outra ser tontos e pegarnos un tiro no pe por querer quedar ben con todo o mundo....
Non lle vai pasar nada por quedar aquí 5 meses máis, e si se sinte triste e oprimido por iso entón que deixe o fútbol e vaia a currar 8-10 horas diarias nunha fábrica levantándose as 6 da mañán tódolos días, a ver si así é máis feliz. Por favor, el como futbolista de élite é un privilexiado, non como o resto do mundo que somos curritos mileuristas puteados.... en Xuño pode sair si quere, pero agora nin de coña....
Xa por ética profesional, firmas cun clube e querer irse a metade de tempada e deixar tirado a ese clube que apostou por ti e che paga o soldo pois iso me parece de egoísta e pésimo profesional, son ese tipo de cousas que para min falan mal dun xogador.... máis no noso caso, a súa baixa a estas alturas sería un duro golpe.... si quere marchar e deixarnos tirados a metade de tempada pois a imaxe que eu tiña sobre él como profesional vai quedar manchada, sinceiramente.....
Pero o Celta non debe consentilo, primeiro intentar falar con él e convencelo para polo menos esperar ata Xuño, e certo que Claudio debería darlle máis minutos e ningunealo menos (o que lle fixo os dous últimos partidos foi un puteo tremendo ao grego)..... pero si insiste en sair, non deberiamos abrirlle a porta ata Xuño.... si non lle gusta que aguante, e sinon como dixen a currar na fábrica ou na obra, deixemos de ver como víctimas a millonarios por pegarlle patadas a un balón.