Deixando de lado o lamentable comportamento de Tasos, o que tampouco é normal é que no seu último partido contra Mallorca, entrando na segunda parte dende o banquillo o tipo brega cos centrais e consigue forzar a expulsión de Raillo e provocar unha superioridade numérica que foi clave para manter a vantaxe e conseguir a victoria.... e despois diso, no seguinte partido Claudio lle "premia" deixándolle sin xogar un so minuto e encima metendo tamén a Durán por diante..... e logo encima non contento con iso, no seguinte partido contra a Real de novo o deixa no banquillo e finalmente tivo a ocurrencia de facerlle entrar NO MINUTO 90!!
En serio, como se come iso?
Un xogador que axudou na victoria ao Mallorca e logo nos dous seguintes partidos lle fas iso?? Encima encabronando ao xogador a días de abrirse o mercado de inverno.....
En serio, sei que para o celtismo Claudio é un dios, pero en serio neste caso os parece lóxico o que fixo?
Cómo pretendes que interprete o xogador iso? Calqueira ou a gran maioría interpretaría iso como que lle está ensinando a porta de saída....
E iso é indicativo que Claudio non é tan bo xestor de vestiario como se din... él é un tipo con aura de mesías que ten ao seu grupo de discípulos (os seus rapaces do filial que para él é prácticamente o único que existe). Pero como xestionou o tema cos estranxeiros Douvikas, Tadeo, Aidoo...? Por favor, 3 xogadores que ha demostrado ser útiles e outro adestrador seguro os aproveitaría moito mellor, pero para o mesías Giraldez nin existen porque como non son rapaces da casa....
Si Claudio chegase a coincidir con Mostovoi no Celta, teño máis que claro que o ruso acabaría saíndo por patas e os celtistas nos perderíamos de ver xogar ao maior talento que pasou xamáis polo noso clube.
Está moi ben darlle oportunidades á canteira, outra cousa é ser talibán da canteira como o é Claudio.
Ademáis adestrar a Douvikas sería unha gran oportunidade para él de aprender o idioma pirata, que hai que actualizarse aos novos tempos e o inglés é o idioma mundial que nos conecta a tódolos habitantes deste planeta.