Son 14 goles e 3 asistencias sendo o dianteiro suplente.
Para un dianteiro suplente esas son cifras sobresalientes.
Ademáis, non lle recordo ningún gol de penalti, e de empuxala a portería vacía creo que soamente fixo un gol.
Hai dianteiros que inflan as suas estadísticas con penaltis ou empuxala coa portería vacía, pero non é o caso de Tasos.
Os seus goles foron goles bonitos, vistosos, de killer.
Unha parte deles tirando desmarques ao espacio e definindo como un killer ante o porteiro rival.
Pero tamén ten varios goles rematando de cabeza centros medidos de Manu Sánchez ou Aspas. Si a éste lle poñes un bo centrador tamén as pode enchufar de cabeza. Recordo sobre todo o gol ao Villarreal, creo que o meu gol favorito de todos os que marcou, por como atacou ese centro, un remate en plancha que non era fácil de executar, dirixindo coa cabeza o balón a onde o porteiro non podía chegar, un tipo de remate que non cho fai calquer dianteiro, sen dúbida me quedo con ese gol...
O que queiro dicir, os seus goles son goles que teñen o seu mérito, non son goles regalados ou caídos do ceo ou de ter potra...... os desmarques que tira, as definicións cara a portería, a súa perfecta colocación na área para cazar os centros que lle meten, e a execución dos remates cabeceando sempre ao lado onde o porteiro non chega (mentres a outros os remates lle saen centrados ao corpo do porteiro).... esas son cualidades dun dianteiro notable, que leva o gol no sangue, e dianteiros así pasan por Balaidos unha vez cada moitos anos... e tal como está o mercado hoxe en día é un luxo ter a éste home aquí, espero que continúe polo menos unha tempada máis, aínda que igual algún clube xa o ten controlado e veñen a preguntar por él... o bo que éste ano con dianteiros como Dovbyk ou Sorloth os nosos igual non chaman tanto a atención, pero coidado, a Tasos pronto lle van sair novias iso seguro, o gol é o que máis se valora no fútbol e a éste tipo se lle caen dos bolsillos.