Ademáis, iso de dianteiro inoperante é mentira, esta tempada marcou goles importantes e outros que puideron selo.
O 3-2 contra o Villarreal puido ser clave para amarrar a permanencia e matar as opcións do Cádiz.
Contra Osasuna, entra dende o banquillo e fai o 0-3, con 0-2 o rival aínda non está morto e ten opcións de empatar, podíamos gañar igual pero si o Osasuna marca un gol e logo vai con todo ao ataque se podían ir a tomar polo cu eses 3 puntos...
Contra o Barcelona sae desde o banquillo e marca o 0-2 casi no minuto 80... ese gol era importante para encarrilar o partido, non ten a culpa que de repente a Lewandoski lle entre todo e a nosa defensa se veña mentalmente abaixo...
En Las Palmas na primeira volta tamén fai gol e nos poñe con vantaxe no marcador, ata que logo Starlfet fai o parvo e regala dous goles estúpidos e palmamos... pois ahí a boa actuación de Tasos foi tirada á basura por outra esperpéntica actuación defensiva...
Na primeira volta, contra Villarreal na primeira parte perdíamos 3-0, no descanso entra él, marca gol e ao final acabamos 3-2 e volcados no área do Villarreal a punto de empatarlles.
Na Copa él só nos levou ata cuartos, o que supuxo ingresos económicos extras para o clube, logo contra a Real todo o equipo fai un partido de merda e él arriba máis só que unha isla porque o equipo non acompañou. Pero xa gañamos un diñeiro gracias a él.
E nesta última xornada, marca o gol do empate ao Valencia, que nos deixa no posto 13 e outros millonciños extra para o clube por subir postos na clasificación...
Si nós tivéramos unha defensa máis sólida, partidos como o de Las Palmas ou Barcelona debimos gañalos con goles de Tasos, e quedar aínda máis arriba na clasificación...
E todo iso falando dun tío que non chega nin ao 30% de minutos disputados en toda a tempada, sempre segundo plato e varios partidos entrando nos minutos da basura que outro xogador acabaría desmoralizado ou falto de confianza, sin embargo Tasos seguiu marcando goles e demostrando a súa fortaleza mental... un tipo calado pero que fala onde teñen que falar os futbolistas, que é no campo.
Nunca lle vin dicir nas redes "o próximo día teño que marcar dous goles si o si" para logo non marcar ningún (caso Larsen),
Douvikas non din "teño que marcar goles", Douvikas simplemente entra no campo e marca os goles, sin dicir nada fora. A enerxía e concentración a emprega no campo de xogo, no seu lugar de traballo, e isos son os xogadores que máis me gañan, os que son calados pero cumplen o seu traballo no campo, como Tasos.