Eu tamén creo que o desencadeante final desta crise foi o partido no que Claudio decide poñer de 9 a Durán, e logo na segunda parte o Panda. Tasos levaría un tempo xa mosca por ser suplentón de Borja, e ver como encima lle poñen outro máis por diante e con perigo de acabar soterrado como tercer dianteiro seguramente foi demasiado para o seu ego e a partir de ahí dixo basta. Para min iso foi unha cagada tremenda por parte de Claudio, ademáis Durán me parece que encaixa mellor como extremo esquerdo que de 9. Durán debería disputarlle a titularidade a Bamba, e non a Tasos.
Logo tampouco entendin que no seguinte partido contra a Real Sociedade Claudio o deixa sen xogar e logo lle da por metelo no minuto 90.... facer iso é un puteo da hostia e entendo que axudaría a avivar ainda máis o descontento do xogador e reafirmarlle na súa idea de abandonar o Celta.....
Eses dous partidos, a actitude de Claudio foi incomprensible e inxusta co grego, eu me poño no lugar do xogador e tamén tería un cabreo importante... ademáis, son da opinión que si un xogador costa 12 millons hai que darlle partidos e tratar de que rinda e rentabilizar esa inversión, o que fixo Claudio mandándoo ao ostracismo por capricho seu é algo que pode acabar supoñendo un perxuizo económico importante ao club... buscar o beneficio máximo para o clube debe estar por encima das filias ou fobias dun adestrador, ademáis Tasos xa demostrou que deportivamente é útil e aporta goles e máis ca iso (como forzar a expulsión de Raillo por poñer un exemplo). Ou sexa non se entende ese ostracismo, e menos o que lle fixo Claudio nos partidos vs Sevilla e vs Real Sociedade que seguro foron o desencadeante definitivo, ninguneo extremo de Claudio a Tasos neses dous partidos.
Isto no quita para nada a miña decepción co xogador, que hoxe nos deixa tirados nun partido onde o necesitábamos máis ca nunca. Incluso para él mesmo hoxe era unha gran oportunidade para reivindicarse ante o mundo como un dianteiro competente e atractivo e así atraer máis interese doutros clubes.... para min a pataleta de non querer xogar hoxe perxudica tanto ao clube como a él mesmo. O descontento pola súa parte é comprensible, pero as formas non. Incluso doeme más que nos deixe tirados na Copa que na Liga, pois a Liga non imos tan mal a pesar dalgúns tropezos, pero a Copa é un torneo que nos ilusiona especialmente a tódolos celtistas, e hoxe sin estar Aspas nin tampouco Alfon necesitábamos ao grego para a causa e nos deixa tirados, nun partido dunha competición tan especial para o celtismo... iso me pareceu unha puñalada pola súa parte... Ademáis son da opinión que si queres cobrar tes que estar disponible para xogar e axudar ao equipo sempre que te necesite, igual que calquer traballador si quere cobrar ten que facer as tareas que lle correspondan... non me mola nada estes privilexios que teñen os futbolistas, ademáis él realmente non está jodido anímicamente, simplemente non xoga porque non lle da a gana, por rabieta.... me parece lamentable, espero que mínimo unha sanción económica lle caiga....
Pero vamos, na miña opinión mal tanto Claudio na súa xestión con éste xogador como tamén o propio Douvikas deixando tirado de malas maneiras ao clube (e como din por ahí si por este tema Borja ten que forzar e xogar máis minutos e acaba desembocando nunha lesión do de Santiago, pois máis dano estaría facendo aínda ao Celta).