Me sorprende tamén que agora de repente o grego acepte ser convocado. Eu penséis que forzaría na súa postura ata o final.
Me pregunto como habrá sido o adestramento postCopa do Venres, moi enrarecido tivo que estar o ambiente e ao mellor iso lle fixo darse conta da tremenda faena que lle fixo aos compañeiros...
Igual foi unha pataleta de crío rabioso e egoísta, igual ao final acabou arrepentíndose ao ver as caras de tristeza e decepción dos compañeiros o Venres, ou deuse conta que botándolle pulso ao clube corría perigo de acabar na grada....
Non sei, non sei que habrá pasado pola cabeza de Tasos para dar ese xiro repentino.
Pero sinceiramente meter o tema de saúde mental aquí me parece unha patraña, non era tema de depresión, era que estaba moi queimado e buscou un pulsito co clube buscando sair a outro equipo onde xogar máis ou crecer deportivamente.... Tasos está perfectamente no tema mental, é un tipo que confía en sí mesmo e nas súas posibilidades, e que ten o seu ego. Tasos pensa que merece ser titular, xusto a maneira de pensar oposta á que tendría alguén depresivo.
Enfin, non sei que vai pasar nos seguintes días.... baixeime do barco e por agora non vou subir de novo.... igual tampouco me parecería o máis adecuado abuchearlle en Balaídos, igual mellor o que merece por agora é unha actitude máis fría ou de indiferencia por parte do público (sen abucheos pero tampouco vitorearlle).
E que o de borrarse do Bernabeu doeume demasiado, despois diso xa non sei que esperar del.... unha parte da confianza que había nel xa se rompeu, "si cho fai unha vez quen che din que non o volva a facer de novo"? É unha mancha moi difícil de borrar.....
Eu non lle pitaría, pero xa non son o seu fan, temo que xa non o volveréi a ver cos mesmos ollos que antes.