Lendo ao foro parece que houbese matado a alguén ou feito algo moi grave.
A realidade é que estas cousas poden pasarlle a calquer clube, xogadores desmotivados que non queren seguir no seu clube e tentan forzar a súa saída ou xogan sen gaña, iso pasou sempre e sempre pasará. Salvo que sexan da canteira a maioría son mercenarios e miran únicamente polo seu propio interese. Ou non vos acordades de Mosto?
Pero Tasos nin fixo un Santi Mina nin cometeu delito de ningún tipo, simplemente está xogando as súas cartas para querer marchar.
O que ten que facer o clube é aguantar o pulso e negarlle a saída ata o verán. Isto é algo pasaxeiro, en canto peche o mercado se dará conta que non lle queda outro remedio que sair a comerse o campo si quere que no verán clubes máis atractivos queiran fichalo. So queda aguantar unha semana máis.
Por suposto vendelo/cedelo agora e quedar só cun velliño sen físico para a élite (Iglesias) e un rapaz que comezou forte pero non sabemos si chegará a rendir de forma consistente e aínda lle falta experiencia na élite (Durán) pois sinceiramente me parece un risco moi grande tendo en conta a dinámica negativa que levamos nos últimos partidos e que o descenso se acerca de novo.
Hai que pensar coa cabeza fría. Que se quede aquí e Claudio siga dándolle 20 minutiños ou así por partido, e o grego pola conta que lle trae terá que volver a dar a súa mellor versión sabedor que si se toca os huevos non vai sair do Celta na vida.
E por certo, eu onte non o vin tan pasota, e tamén levou o seu por parte dos centrais do Alavés, lle fixeron dous ou tres faltas, non estivo tan desconectado do xogo como din a maioría pero onte e que os centrais do Alavés prácticamente se lle subían á chepa a él e ao Panda averiado, nin lles daban a opción de xirarse cara portería rival, me gustaría ver aos foreros que lle critican que farían si cando reciben un balón de espaldas xa tiveran un pitbull detrás que lle impida xirarse agarrandolles da camiseta ou derribándolles ao chan de primeiras, e si logras xirarte unha vez en canto intentas arrancar cho impiden meténdote a perna.... o problema é que nin lle deixaron facer nada (nin a él nin a ningún xogador do Celta, e moi difícil xogar ao fútbol contra ese equipo cuya consigna é non deixar nin respirar ao rival e logo sair rápido intentando sorprender en ataque con balóns ao área e piscinazos constantes buscando gañar a base de penaltitos).