Enpezou ben o ano e marcando goles, ata que lle deu por facer activismo político e dende ahí non volveu a ver portería, o que son as cousas....
Que sí, moito xogo de espaldas, aguantar o balón, os famosos intanxibles..... pero quitando o arreón inicial do primeiro mes onde lle entraba todo, leva xa unhas cantas semanas que parece casi de adorno.... bueno, está ahí para fixar centrais e lle abre ocos aos compañeiros, pero para min Douvikas tamén pode facer esa mesma función e ademáis tamén é superior tanto como rematador como á hora de tirar desmarques as costas da defensa rival.... físicamente tamén se ve, Borja ten corpachón e quizais lle sirve para protexer mellor o balón, pero tamén o vexo máis lento e cascado, de feito a sensación é de ver a Borja máis cascado que Aspas tendo 5 anos menos que o de Moaña....
Para min vendo o que vexo non sei si valdrá a pena firmalo para o ano.... tamén cobra unha ficha bastante xenerosa por encima do nivel actual que aporta....
É un dianteiro que pode ser útil para certos partidos ou momentos da tempada, pero moi irregular....
Espero que Douvikas quede ata Xuño polo menos, quedar sen o grego e con Borja como único 9 non me inspira ningunha confianza.... qué mala xestión está facendo Claudio co grego, e espero que non cometan a pardillada de facer un trueque Iglesias por Douvikas, que ahí claramente saería gañando o Betis de cabeza...