De momento leva dous partidos xogados e non fixo nada relevante....
Que sí, que vale, soamente é pretempada, pero eu vexo a éste e logo vexo a Tasos e é que non hai color...
Ademáis, deixando aparte o tema da eficacia goleadora, unha das cousas que máis me gusta de Tasos é que se implica bastante na presión á saída de balón rival, non negocia esforzós e tamén lle teño visto facer axudas defensivas atrás e recuperar algún balón. O grego é un tipo que sin balón tamén traballa bastante e se baixa ao barro.
En cambio Borja parece que vai ao trantran, non lle vexo esa enerxía e actitude para facer unha mínima presión...
Pasa un defensa tranquilamente polo seu lado e él se queda mirando, parece que lle custa correr ou facer unha mínima presión, parece que o seu rollo é máis esperar a que lle chegue o balón, pero xogo sin balón non parece que vaia moito con él nin se implica tanto...
Ten 32 anos, pero tampouco é tan maior, eu son maior ca él e corro máis.... é o que din algúns, que leva un ritmo máis de típica pachanga con colegas que outra cousa, non ten nada que ver coa intensidade e as gañas que lle pon Tasos...
Sei que só é pretempada, que ten que aclimatarse, e que tódolos dianteiros pasan por malas rachas (ata CR7 tivo momentos de bloqueo e ansiedade onde non lle entraban os goles)....
e tamén espero que no momento que Tasos entre nun deses bloqueos ou mala racha tamén sexades igual de comprensivos e pacientes con él igual que o estades sendo con Borja ou con Larsen no seu momento....
Por certo, xa lle saiu nova competencia a Borja con Durán, algo que eu non esperaba, pero o rapaz está tirando a porta abaixo.... coidado, coidado porque como se descoide pode acabar adiantandolle Pablo tamén....
Borja que lle poña gañas e actitude no campo, de momento lle vexo moi ao trantran, moi frío.... o que teño visto ata agora me están gustando máis Douvikas e Durán, teñen mellor actitude... a ver si Borja me fai cambiar de opinión agora nos siguientes partidos, que espabile que falta lle fai.