Co balón nos pes é igual de intelixente ou máis que Larsen, e en acerto cara a portería claramente superior ao noruego.
E ademáis é canteirán polo que a súa afinidade co clube é moito maior ca o noruego que so estaba de paso.
Está claro que saimos gañando co cambio....
Parece mentira, ten físico para partido de solteiros contra casados e non ten o corpachón e vigor do outro, pero sabe sacarlle moito máis partido a ese físico, partindo dunha peor base...
4 goliños xa, e os que quedan...
Sabía que era un dianteiro aproveitable, pero está superando as expectativas que tiña postas nel, e ainda que eu son moi fan de Tasos recoñezo que agora mesmo o titular ten que ser Borja, e está tirando do carro xunto con Aspas e Mingueza.
Qué gusto da ter dianteiros que metan goles, carallo... nos merecíamos isto despois da de congrios que tivemos que aguantar polo camiño...