Oye, y por qué no va Borja con la selección? No, enserio, como mínimo yo creo que más que Joselu que está semi retirado con 2 goles en Qatar sí se lo merece, más aún marcando 4 goles en 461, 1 gol cada 115 minutos. Entiendo que llevase antes a Samu Omorodion, o incluso a Guruzeta, pero Joselu?! De verdad?!
Sin desmerecer en nada ao Panda, que é un bo dianteiro, pero....
Qué che pasa con Joselu?
Marcou o último partido coa Selección, é alto e gran cabeceador e un gran recurso para o xogo aéreo, lle meteu dous goles ao Bayern Munich...
Por moito menos ca iso chamaron a Ferrán e outros zotes.
Joselu é un xogador que fixo historia no fútbol, guste ou non
Rcc91, que agora pícame a curiosidade, de poder ser seleccionable Tasos, a quen levarías?. A ver se podes aclararme a dúbida...
Eu convocaba a Tasos sen pensalo. Está tendo mala sorte porque os compañeiros non logran atoparlle, nos dous últimos partidos xogou sen Aspas, contra Las Palmas entrou xogando o equipo con 9 e tendo que replegarse (para min fixo bo partido e axudou en defensa).
Non lle teño visto fallar nin unha soa ocasión clara (e pode fallala pois é humano igual que falla calqueira). O que me refiro é que ten gran eficacia en canto lle chega unha ocasión clara (non é como outros que necesitan ata 4 ocasións para facer gol)... e para xogar ao contragolpe é perfecto....
E en España estaría rodeado dun mellor equipo ca no Celta, seguro que alí sí lograrían conectar con él e marcaría un bo número de goles...
O de Tasos é mala sorte, e ademáis non caeu en gracia aos adiestradores como Larsen ou Borja... dende que chegou a Vigo tivo que loitar contra ese handicap...
Necesita un adestrador que confíe nel e llo faga saber.... aquí en Vigo Claudio deulle titularidade nos dous primeiros partidos por iso de parecer imparcial, pero en canto viu que Tasos non meteu gol xa tivo o pretexto para facer o que de verdade quería (meter ao seu amigo e dianteiro favorito Borja)...
A min Borja tamén me gusta, o está a facer moi ben, pero certo que dende que chegou sempre tivo o vento a favor, todos sabíamos que Claudio o prefería a él e á mínima o acabaría poñendo por diante do grego.