Estádesme tocando un tema sensibel. Por puntos:
1. Vigo non é feo. É desordenado. Pero ten unha beleza impresionante. Hai que coñecelo ben. Eu tardei, pero agora mesmo iríame a vivir cos ollos pechados se poidese manter as condicións laborales e dese convencido ao Poder Executivo.
2. Entendo perfectamente o que di Cajara. O rural non é todo maravilloso. Hai un certo idealismo, especialmente entre os urbanitas. Non darei detalles, pero ademáis teño visto cada posicionamente entre algúns personaxes con responsabilidades políticas que danme a risa, porque van cun discurso que non se sostén: hortas urbanas, mercados rurales (non sei como carallo se chama isto en castelán nin en galego, porque o concepto faime explotar á cachola), etc.
Xente que pasaron unha semana nunha casa rural e xa van de xornaleiros do campo, pero despois dislles que non poden ir de vacacións porque hai que dar de comer aos porcos, as vacas ou segar a herba e implotan literalmente. Por suposto, non pensan nos desprazamentos. Para eles, Bexo pouco menos que é un terrorista ambiental, pero gustaríame ver como ían ao centro de saúde, xa non para unha urxencia, se non para unha revisión.
3. Así e todo, eu como Hjuls... friso por pegar o piro ao rural. Con todas as súas contras, para min unha vida máis tranquila que na cidade. E actualmente, máis aínda, cos medios para dispoñer de información e ocio que hai 30 anos non había. E coa presión e os problemas das grandes cidades, máis incentivos aínda para saír correndo sen mirar atrás.
Mágoa que as habichuelas haxa que gañalas aquí.
Non vou entrar en detalles, pero aquí teño problemas cada verán cando volto a casa para aturar os heredeiros, que son os primeiros que din que non voltan á cidade nin atados. Non é a primeira vez que co coche cargado, motor en marcha, teño que pospoñer un par de días máis a volta porque a crise e os choros son insoportables.
4. LUGO ÜBER ALLES, cabróns!