Está acabadísimo. Na acción do penalti tivo sorte que o defensa estivo torpe e foille rebañar o balón e o pisou, porque simplemente con cargarlle un pouco o corpo xa neutralizas a éste tronco.
Xa son máis de dous meses desaparecido, o único que fai e xogar de espaldas e pase atrás, fora de ahí non representa ningunha amenaza, non gaña nin un duelo no área, non pilla ningún centro, é a nada máis absoluta.
A ver que fai no que queda de tempada, que aínda quedan 3 meses, pero está dando síntomas de decadencia total, con 32 anos parece un cadáver no campo...
Xa o dixen o outro día e o repito, entrenará o xustiño para pasar o corte pero me parece que está moi acomodado, o típico dianteiro que se conforma con meter 6 goliños por tempada nun equipo de clase media, non lle vexo ambición por mellorar as súas cifras goleadoras, nin por mellorar o seu físico e polo visto xa nin loita por intentar que o chamen de novo para a Selección.
Parece que cada vez está máis centrado na súa labor social como activista fora dos terreos de xogo que en intentar mellorar na súa profesión.
E o peor de todo é que unha parte do celtismo ficharía ao Borja actual simplemente por caerlles ben polas súas declaracións e activismo político.
Dende logo moito tería que reducirse o seu soldo actual para pensar nunha continuidade súa para o ano que ven, si accede a esa rebaixa de soldo igual se podería mirar si traelo, de todas formas para min urxe traer outro dianteiro medianamente competente porque Borja non está para ser titular e corremos perigo que para o próximo ano esté ainda peor....
Haberá que ver a evolución nos próximos meses, tanto a súa como a de Durán (que hoxe errou unha clarísima), pero o clube xa ten que empezar a sondear o mercado en busca dalgún dianteiro medianamente potable, para o verán temos que fichar un dianteiro (e non me refiro a Borja) e un porteiro en condicións. Que se vaian facendo á idea xa.