Agora sí, gañouse seguir con nós o ano que ven. Eu estaba coa mosca detrás da orella cando levaba varias semanas sin facer gol, pero é certo que funciona moi ben no sistema de Claudio e fai unha labor importante aguantando balóns, descargando e combinando cos seus compañeiros, forzando faltas e penaltis, non é Lewandoski pero sí un dianteiro incómodo e tocapelotas para os rivais.
É un xogador importante para nós, encima agora volveu á senda do gol. Merece seguir aquí.
Iso sí, non sei si entre él e Durán será suficiente garantía de gol para competir en Europa League. Non é un dianteiro 100% fiable e pode volver a ter outra mala racha, e as limitacións a nivel físico son as que son.... Iso sí, non se lle pode negar esforzo, traballo, compromiso e facer piña co grupo. Que siga así, centrado no fútbol e deixar de lado os temas extradeportivos e influencers. Si se centra no que ten que centrarse entón nos será de moita utilidade.