Bryan Zaragoza, extremo esquerdo granadino de 1,64 m, naceu o 9 de setembro de 2001 (23 anos). Incorporouse ao Celta o 30 de xullo de 2025 cedido polo Bayern de Múnich con obriga de compra e contrato ata o 30 de xuño de 2026. O seu valor de mercado é de 12 millóns de euros.
📌 Primeiro equipo
Bryan Zaragoza
C
A ver se Bryan colle axiña a forma, porque agora mesmo a dianteira vese moi xustiña… e sen un xogador que rompa liñas imos andar xustos de pólvora arriba.
Outra das poucas notas positivas. Saíu e en dez minutos fixo máis que Ristic en toda a primeira parte. É un demo, un xogador eléctrico que encara sempre. Volveu tola á defensa do Getafe pola súa banda e puxo un centro da morte que Aspas case enchufa. Faltoulle algo de pausa na decisión final, pero a súa actitude é o camiño a seguir. Pide a titularidade a berros.
Saíu para revolucionar o partido e acabou contaxiado da apatía xeral. Intentou algunha xogada individual sen éxito. Non foi o revulsivo que se agardaba.
A súa entrada, xunto coa de Borja Iglesias, buscou darlle máis profundidade e desborde ao equipo. O extremo intentou encarar e desequilibrar pola súa banda, e aínda que non sempre tivo éxito, a súa velocidade e atrevemento xeraron máis incerteza na defensa rival.
Accede para responder. Acceder