A min tamén me parecería queimar a Claudio innecesariamente. Entendo que a meirande parte da xente sabe que o B o está a facer xenial, aínda que só sexa polo playoff do ano pasado e as victorias fronte ao Coruña, pero non deixa de ser "outro experimento". Un adestrador sen experiencia na élite para aforrar cartos.
Aínda que non fose así, a comunicación do clube funcionase ben por unha vez e a xente vise a Claudio polo que é, un bo adestrador, creo que moita xente esperaría un Alguacil. E iso tampouco sería xusto.