A min xérame dúbidas como reaccionaría o primeiro equipo, os xogadores, ante a posible subida de Claudio. Pensade que Aspas e Marchesín son maiores que el, Mallo, Solari, Haris e Kevin teñen 3-4 anos menos. Todos, menos Kevin, levan dez anos na élite e poden sentirse "de volta de todo" como para escoitar a un técnico que recén tivo a primeira experiencia en categorías de fútbol semi-profesional. Xa sei que Mallo, Solari e Seferovic marchan e Marchesín xa veremos. Era un exemplo usando a plantilla deste ano.
Claudio tería que demostrar moito carácter, que non me cabe dúbida de que o ten, pero o equipo tamén debería ser receptivo. Recordemos que non será a primeira vez que teñen problemas cun adestrador e a ver como reaccionarían se comeza como comezou o B este ano. Igual é necesario facer unha boa limpa antes de que de o salto.
A maiores, temos o tema de revolucionala plantilla por enésima vez. É difícil ir ao mercado a buscar cuatro ou cinco xogadores de nivel, que veñan con ambición de facer un ano bo, e se atopen con que vas apostar por un tipo no banco que non ten experiencia. Creo que neste caso un equipo coa base da casa ou que xa está ben asentado tomaría a decisión de forma diferente.
Antes de que me veña ninguén co de sempre: non, non estou poñendo pegas a Claudio nin a que o suban. Pouca xente vai demostrar tanto e tan rápido. Valóroo no contexto actual do equipo.