Pois será que estou moi sensíbel pero a sensación que me da é que pon ós amigos, tira ó lixo as primeiras partes, destrozou ó Grego, só pon a canteiráns por diante de homes feitos e dereitos, é o mexa-colonias do Porriño, mente descaradamente nas roldas de prensa, non repite once (como crítica), non da continuidade ós xogadores e así non se pode, o equipo non xoga a nada fora de casa (¿? entendo que se critique os resultados pero o xogo? sí, houbo esperpentos pero ó Sevilla e ó Raio por exemplo bonito meneo lles metimos), etc.
Ó mellor teño distorsionada a realidade porque non entro no seu fío dende o Nadal. Ou vós tendes mala memoria. Pero claro imos sétimos. Sétimos de 20. Na Liga. Estaría bo que non se calmaran as augas, pero me gostaría ler que se dixo por Xaneiro, debeu estar graciosa a cousa.