O que hai agora é ter cabeciña e saber de onde vimos desde a tempada de Unzue ata a actual (nalgúns aspectos desde antes).
Dame un pouco de respeto que a xente se olvide moi rápido disto e que o ano que ven rematemos de 10-13 (o ano pasado quedamos de 13 e este ano podemos facelo tamén, pero hai moitas maneiras e maneiras), salvándonos a 3 ou 4 semanas do final de liga e que comecen esixencias infundadas e críticas desmesuradas. E comecen a pedir a súa cabeza.
Levamos moitos anos a deriva en diversos eidos:
- Social e institucional. Desde logo os máis fáciles de corrixir se hai vontade e te deixas asesorar. Básicamente porque sae moi "barato" nos presupostos dun club como o Celta tratar e coidar ben a túa xente. A mellora nisto en poucos meses é sustancial, veremos se é o camiño a seguir e non a excepción.
- Proxecto de canteira. Isto leva moitos anos xa sendo un significante valeiro que o club usaba como se usan palabras como "democracia", "xustiza social", "liberdade" na política. A todo o mundo lle gustan esas palabras, todo o mundo quere apropiarse delas, pero deturpan o seu significado coas súas accións ata valeiralas de contido ou darlle outro que vai en contra do sentir orixinal.
Levamos prácticamente unha década sendo un cadro neste aspecto, que por sorte polo sembrado anteriormente que foi moito, nos deu para ser unha gran potencia do estado. Pero estas cousas vense a medio-longo prazo, e este ano ao igual que a magnífica xeración de canteiráns que está apuntando tan alto pide paso (sen Claudio íanse cansar de pedilo) en todas as categorías menos no primeiro e segundo equipo estamos por detrás dun Depor cuns medios ínfimos en comparación aos nosos. A falta de olladores no fútbol galego(xa non falo fóra), o trato deixémolo en mellorable a moitos profesionais de base do club e a nula aposta dos adestradores e directivos do club por culminar coa chegada ao primeiro equipo fixo o resto.
O tándem con Claudio-Garcés-Marian parece querer cambiar isto, e dotar de bastantes máis ferramentas ao club en forma de medios e profesionais, veremos se recuperamos a hexemonía do fútbol galego, que non nos olvidemos que hoxe en día o noso fútbol, o galego, é unha potencia de europa.
- Comunicación. Nisto chegamos tamén a un punto de non retorno coas fichaxes dos galegófovos amigos de Negre e compañía, que nos fixo espertar ata provocar a súa expulsión e volver a darlle aos nosos, o peso da comunicación, da imaxe, do club. Pero era un problema que arrastrábamos de sempre. Hai moito que mellorar aínda aquí, aínda que os pasos adiante este ano foron evidentes.
Estaría ben poder seguir nas canles do club de Youtube os partidos das categorías inferiores e fútbol feminino (no Depor pódese desde fai anos, polo que tan caro non pode ser). Dotar de máis contidos en directo/gravados o club, xa sexa en Youtube ou Twitch, con podcasts, debates.. Tes a figuras como Gonzo, Morris.. moi recoñecibles para facer cousas. Tamén a unha comunidade nas redes sociais como os de TQHT ou Podcast Celeste cos que podes colaborar para chegar a novos formatos.
- Primeiro equipo. Levamos anos de vacas gordas xestionando fatal os recursos. Sobrepagando endemasía a xogadores, non deixando ocos para os rapaces, sen o que parece un plan de necesidades-oferta que hai no filial-mer cado. Que se traduce en que levamos anos que sen Aspas estaríamos en segunda en non poucas ocasións. Esa é a única diferencia entre nós e outros equipos que foron caendo estes anos con moitos menos recursos.
Por non alongarme máis, aínda que quedan varios puntos por tocar, ao final o que quero deixar patente é que este ano ten que comezar un novo proxecto integral de club, en moitas áreas, a desenvolver en moitas áreas. Un proxecto a longo prazo, de dar pasiños ano a ano.
De pasar o seguinte nivel que pasa por intentar asentarnos en primeira, entendendo isto como conseguir salvarnos con 3 semanas de antelación durante unhas tempadas e se toca a lotería un ano tocou. Pero a esixencia ten que ser esa, volver dar pasos cara adiante seguros.