Logo a ver como foron as cousas de verdade ou o que tiñan na cabeza nese momento, pero paga a pena escoitala entrevista a Marián en Radio Vigo e ver como fala da decisión de subir a Claudio. Comenta que cando chegou ao clube quixo falar con todos e Claudio foi un dos primeiros e tiveron varias reunións. Falaron de moitas cousas do clube, do futuro, de como veía ao primeiro equipo, etc. Logo matiza que aínda non era o seu momento, que Rafa tiña tres anos de contrato e en todo caso tería que esperar, pero que incluso antes de firmar oficialmente, xa en decembro, lle pediu a Garcés que falase con Claudio e lle escoitase. Logo cando chega o momento de despedir a Benítez recoñece que tivo moitas dúbidas, pero que cumplía moitos dos requisitos (o pedía a afeción, o Fortuna xogaba ben, é esixente...) e ao final se decidiron por el sobre outras opcións que estaban sobre a mesa.