Parece que se pode construir futuro e identidade, sen renunciar ao presente, simplemente había que ter a un pedazo de adestrador que creera niso desde o primeiro momento.
Non é cuestión de pasar facturas a ninguén, pero canseime en tempos non tan pasados de escoitar aquí, cos amigos, en balaídos, os típicos comentarios de "la cantera está muy bien, pero yo quiero competir y jugar en primera". "Si el entrenador no los pone será por algo, que sabe más que tú y yo", "si no contamos con ellos y no triunfaron en primera en ningún otro sitio es que no valen"...
Calquera persoa con coñecemento do fútbol base sabe que a chegada dun xogador a elite, quitando a certos top mundiais, son detalles, moitas veces mínimos. Que un adestrador e formador determinado no momento adecuado pódeche facer pasar de facer carreira en 1-2-3 rfef e pasar "sen pena e sen gloria" no mundo do fútbol, a ser un xogador de 7-8 tempadas a un bo nivel en primeira. Tendo exactamente o mesmo nivel no momento de apostar ou non apostar por ti.
O proxecto que sempre soñei é este e acaba de comezar. Oxalá sexa longo e a longo prazo sen presións e esixencias a curto de máis que salvar a categoría de maneira razonablemente cómoda. Virán momentos malos e imposible que non lle veñan a un equipo como o Celta e aí é cando máis hai que pechar filas co proxecto emprendido e con Claudio. Se cumplimos niso, acabarán pasando cousas grandes neste equipo.
Hai xente que ten aura. Que desprende e transmite algo fóra da lóxica. Do común. Claudio é un deles. Víase desde hai anos, só había que darlle as chaves do club.