Eu invítovos a repasar os partidos, as acción de perigo dos rivais e goles encaixados.
Dígoo porque se se quere criticar a Claudio, que polo menos se faga con xeito. Dicir que a proposta kamikaze/xogo ofensivo de Claudio fainos sufrir moito en defensa, é simplemente mentira.
Se falamos de todos os conceptos defensivos dun equipo, o Celta fai moi dignamente (o suficientemente digno para un equipo tan ofensivo como o noso) a gran maioría en moitos tramos dos partidos. A maioría.
O 80/90% dos goles, xogadas de perigo veñen sempre do mesmo tipo de accións: corners e centros laterais. Se analizades a xogada en prácticamente todos son remates a pracer onde hai sempre 2/3 centrais ao redor, que chegan a tempo e que lles gañan moi moi moi fácilmente a posición, é que nin incomodan no remate ao atacante, non é cuestión de centímetros.
Non hai un problema nos contragolpes, en superioridade, basculacións, transicións defensivas. Na maioría deses conceptos cumplimos cunha nota moi decente. Podes colgar a 11 tipos do longueiro que seguirías encaixando os mesmos goles, polo que esa crítica non ten sentido. Non somos un equipo que sexamos unha verbena en "defensa" que é un concepto moi amplo. Temos bastante traballadas moitos aspectos que facemos ben.
O que somos é unha broma de mal gusto xusto nese aspecto, centros laterais/corners. Debemos ser dos peores equipos de europa niso. Un 0, e obviamente Claudio ten a súa cuota de responsabilidade e o ten que mellorar. Aquí o premio grande téñeno o sueco e o brasileño que fan moitas cousas ben e sempre o estropean cun par de despistes brutais por partido, pero fallar niso xa o fixeron todos menos Manquillo. É unha sangría que hai que minimizar como sexa.