Discrepo Jabixo , eu tampouco vexo iso de fornicarse a Anceloti , o Celta tivo fases que xogou moi ben e tivo ocasións , pero o Madrid tamén tivo momentos no que se puxo serio e as pasamos putas , sobre todo no final da primeira parte . Evidentemente e imposible de valorar o nivel de un adestrador nun partido no que os millóns pesan e que o primeiro troco sexa un tal Luca Modric , pero tampouco e que Claudio lle dese un baño a Ancelotti , que na miña opinión plantexou un partido bastante noble e no que o Madrid tivo que arremangarse de carallo , e todo despois dunha semana de seleccións . Nin o Madrid nos pasou por riba , que tivo que sudar e facer un gran partido , nin Claudio lle deu un baño tactico a Ancelotti , foi un bo partido , con dous bos adestradores que se decidiu por que un ten xogadores mais caros , nada mais , pero eu persoalmente hoxe os meus respetos a o Madrid que sudou para gañarnos e non tivo que tirar da mítica do árbitro , nin facer conto , nin tangarnos . Partidazo con maiusculas decidido polos millóns , pero creo que nin un nin outro levou un baño de ninguén , que o Madrís tamén nos tivo contra as cordas un bo cacho a o final da primeira parte e no comenzo da segunda e nos tivemos fases que llas fixemos pasar putas .
Noraboa a Claudio e a os xogadores , e pola miña parte moito respeto hoxe ao Madrid que se tivo que arremangar ben arremangado para gañarnos , e non lle cairon os anillos por baixar a o lameiro a pelexar os puntos , pero non vin baño por parte de ningún dos adestradores , simplemente un partido de poder a poder . Quédome coa imaxe de Bellingham cando no final do partido caiu exhausto a o chan a respirar , iso di moito de dous equipos que hoxe non choraron o esforzo , e polos meus antecedentes sábese de sobra que eu non son fan do Madrid , pero hoxe nada que reprocharlles , gañáronnos merecidamente e pelexando cada balón , asi como si gañásemos nos tamén sería merecido .