Se están facendo ben as cousas, o estilo de Claudio é fútbol de salón e valentía, e está sacando a relucir o talento da casa. Para min é un orgullo para o fútbol galego o que está facendo Claudio co Celta.
Pero non sei si nos convén unha clasificación a EuropaLeague ou Conference. Somos unha plantilla de rapaces en formación, falta fondo de armario e xogadores que aporten experiencia e nivel para poder competir a ese nivel. E que rapaces que fai un ano xogaban no Fortuna agora de repente meterlle 3 torneos na élite, aumentar a frecuencia de partidos e a esixencia a nivel físico, pois sinceiramente non o vexo.... non está a nosa plantilla preparada para tal aventura.... sería bonito e unha gran experiencia para os rapaces, seguramente saerían a dalo todo no campo con toda a ilusión do mundo pero iso tamén podería provocar un desgaste físico que nos pase factura no torneo doméstico.... xa nos pasou o ano que xoganos Champions e acabamos descendendo.... está plantilla nos ilusiona a todos e os rapaces prometen bastante, pero non hai o nivel daquel Eurocelta..... Sotelo, Alfon, Hugo Álvarez, Fer, etc. teñen calidade pero non son Mostovoy, Mazinho, Makelele, Karpin, G.Lopez, Gudlej....
Que si ao final logramos clasificar a Europa cojonudo, por suposto, pero de primeiras eu non me obsesionaría con tal cousa, ademáis falta regularidade, seguimos facendo as típicas celtadas fora de casa, nos falta cuajo ainda.
Pouco a pouco...