En realidade, é normal que a xente salte á chepa. Cada vez que fala é para meter paus, e sempre despois dunha derrota. Nunca realiza unha análise sesuda en frío nin construtiva (como poden facer outros foreiros que están nesa mesma línea), simplemente aparece cando o vento sopra en contra para repartir.
Xa non é que se critique a Claudio —que é lexítimo—, é que sempre o fai co mesmo ton: apocalíptico, catastrofista, con frases tipo “suicidio colectivo” ou “números de descenso”. E se gañamos, vai cun recado por detrás, coma o outro día co de que gañamos porque entraron Ristic e Cervi e non houbo extremismos procanteira, ou quedamos con 10, ou os outros son uns chaíñas.
Todo é válido para reforzar a súa narrativa, ata dicir que Claudio “defenestrou a Aidoo para poñer canteiráns” (En Valladolid non sei que opinan), ou que se botou a Benítez estando fora do descenso.
E despois tamén un clásico pasar polos fíos dos xogadores (canteiráns, williot) cando fallan para deixar o clásico “mediocre”, coma quen marca territorio.
No fondo quero pensar que isto é só unha pose ou un papel. Porque se fala en serio, custa entender a súa forma de ver o Celta.
E nas derrotas, que é cando todos estamos máis sensibles, a súa forma de entrar non axuda nada. Non suma e só fai máis ruido.
Que, ollo, podemos resumir esta turra que acabo de soltar en: "Quen siembra vientos recoge tempestades"