A min este tipo me xenera moitas dúbidas.
Por unha parte, para min o seu nivel é o de xogador para un equipo que loita por no descender, da parte baixa da táboa, e futbolisticamente non lle vexo ningunha cualidade destacada, nin en defensa nin en ataque.
É o típico que se limita a intentar non perdela e asegurar o pase, pero non sabe romper liñas cun pase,
non sabe romper liñas cunha conducción,
os seus disparos a porta deixan moito que desexar,
perde a maioría de duelos por tema físico (falta de estatura e corpulencia),
tamén noto que lle falta inteligencia táctica para estar ben colocado e roubar balóns, xa que si no corpo a corpo levas as de perder entón debería aprender a posicionarse ben para cortar pases rivais e recuperar máis balons, o tema é que tampouco fai iso....
Correr corre moito, gran despliegue físico, iso non se lle pode negar, pero é que ao final o que recupera os balons é Tapia, os que filtran os pases entre liñas son Aspas e Mingueza
e Beltrán se queda nun xogador que corre moito e xa....
Digo que me xenera dúbidas porque, por algún motivo, hai casos de xogadores que parece que non están pero están, e cando non están de verdade terminas notando a súa ausencia.... eu non sei si Beltrán podería ser un destes xogadores ou non, pero o que se ve é que é unha especie de emblema dentro do vestiario, moi querido por todos e que axuda a manter bo ambiente e un grupo unido... e as veces por raro que pareza eses intanxibles tamén son importantes...
Tamén noto que se adapta mellor ao fútbol de Claudio, porque so ten que collar o balón e pasarlla ao que ten máis cerca para darlle continuidad ao xogo, ahí nese escenario se lle nota cómodo e que cumple, o seu peor momento foi con Benítez que lle obligaba a facer algo que non sabía (defender sin balón e ser preciso en transicións rápidas ao contragolpe).
Digamos que para o estilo de Claudio cumple, ainda sin ser ningunha maravilla. Non é dos mais brillantes, pero como complemento pode dar o pego, e ademáis de que leva tanto tempo aquí que casi se sinte como un vigués máis e se lle nota un aprecio ao club máis parecido ao de un canteirán que ao de alguén de fora que esté de paso... e sendo querido e parte importante do vestiario, axudando a manter bo ambiente e unión na plantilla.... pois esas son as cousas que me fan pensar que a pesar de todos os seus defectos futbolisticos igual tampouco me importaría que se quedara.... coa condición que sexa como complemento e sempre estando ben acompañado por outros xogadores que sí aporten diferencialmente na creación en ataque e na destrucción de xogo rival....
Tamén si ven algunha oferta apetecible para o club e él tamén decide que é o momento de marchar, pois nada, se lle despide con honores e a buscar sustituto.
Non sei como está a cousa agora mesmo, parece que ten algunha oferta sobre a mesa, pero creo que é un xogador que se sinte moi cómodo no ecosistema Celta e na propia cidade onde é moi querido.