Eu sigo sin ver eses bos encontros de Fran, a verdade.
Non lle nego o esforzo e todo o que corre, pero é que son aportacións que non son fructíferas. Onte mesmo, nos mellores momentos do Getafe, Milla e Arambarri xogaban a pracer e por ahí polo medio, andaba o bo de Fran sen ser capaz de parar a ninguén. Xa non lle pido unha circulación de balón fluída e rápida, porque é incapaz de facer nada en menos de 5 segundos, pero é que ten peores números defensivos ca Sotelo, que é o playmaker.
Leo moito o do equilibrio e tal, ese intanxible tan difícil de apreciar, pero e que eu non vexo por ningún lado, como todo ese esforzo e km que percorre Fran, supoñen un problema para as zonas de creación e ataque dos contrarios.
Estarei cegado polo hate, pero máis aló da segunda metade VS Las Palmas, cústame catalogar un partido de Beltrán como algo mellor que "aceptable" ou "correcto"