Bonito off-topic que vos marcastes.. Na miña humilde opinión, o Toto e o Chacho pra quen os quera.. Adestradores top pra un Xetafe, Mallorca ou mesmo Atlético de Madrid pero pra o Celta canto máis lonxe mellor. Ó Toto aínda lle recoñezo a tremenda competividade que lle impuxo á plantilla que deu resultados incríbeis, ó de gañarse a afección será quen trague co falabaratismo arxentino do que o Chacho, por certo, non quedaba atrás. Pero os resultados foron os foron, negarlle o mérito a ámbolos dous sería inxusto. As cousas como son. Iso non implica que non me mova nin un chisco da miña segunda frase, canto máis lonxe mellor.
No tocante a Cervi pois un pouco na liña de Veder pero sen tanto amor, a verdade é que o rapaz non ten culpa da ficha, de feito se lle puxeran 2 ou 3 kilos en vez de 1,5 supoño que tamén os collía. E eu. E tí que me les tamén. O rapaz fai o seu traballo que é adestrar, levar vida sá e facer o que lle pide o míster de turno. Ningún dos que pasou por Vigo deixou de contar con él e máis que contarían senón fora pola súa falta de aptitudes. Que cobre desproporcionado non é cousa súa, as culpas a quen lle asinou a ficha. E se pode marchar hoxe, mellor que mañá. Grazas polo servizo e bo Nadal