Non entendo moi ben a teima de cómo que botarlle a culpa a que se o adestrador o pon, que se os compañeiros o queren e non sei qué. Anda que non hai casos similares de xogadores que apenas teñen relación no vestiario nin con compañeiros nin corpo técnico e aínda así os clubes os papan até o último día de contrato como campións.
Que lle poñas un soldo a un xogador e logo renda por baixo del e o queiras sacar e non o sacas nin con auga quente hai casos a moreas. Venme á cabeza Bale por exemplo, que se riu na faciana literalmente de todo Cristo e anda que non o tiveron que aturar até o seu último día. Cada clube ten casos destes un cada certo tempo. Joder, nós mesmos ó conde Mor, afastado con tódolos adestradores, cesións e qué: cobrando até o último euro.
E de verdade que non sei que terá que ver con que o rapaz caia ben no vestiario con que caia mal. O vas papar igual, a situación é a mesma. É que estades dicicndo que se Claudio non o puxera ou senón se lle riran as grazas os compañeiros xa estaba fora, e nada máis lonxe da realidade.