Temos un problema con este tipo.
Non termina de arrancar, non aporta nada en ataque. Non encara, non fai desmarques, nin da asistencias de gol, non vexo química con Galán nin con ningún dos seus compañeiros de ataque. Está totalmente desconectado do xogo, parece que a cousa non vai con él.
Xa pode espabilar, polo menos mostrar máis actitude e sangue nas venas, ainda que a veces non lle saian as cousas.
O dos pases atrás non o entendo, él é extremo, o que ten que facer é ser máis atrevido e mirar cara portería. O que fai Vinicius por exemplo, que sen ser ningún prodixio técnico, con valentía e pundonor está logrando destacar. Un extremo ten que ser iso, atrevido, encarado, desequilibrante.