Eu creo que isto é se cadra máis sinxelo aínda do que parece. Recordo cando fichamos ao Tucu e dicíase que viña como o clásico 10, un media punta con visión de xogo, último pase e gol.Nada máis lonxe do que sucedeu. Tivo outras virtudes cruciais e a min deixoume un gratísimo recordo, pero nada que ver coa carta de presentación. Outro tanto poderíamos dicir dos "conversos", Augusto ou Krohn...
Despois entra outra derivada que é o tipo de fútbol que nos gusta a cada un. A min,encántanme os magos, os virtuosos, non os Quincys ou Denilsons que eran quen de dar vinte voltas sobre si mesmos sen chegar a ningures. Pódese ser estético e ter sentido de equipo.Ronaldinho podía facer unha cola de vaca que ou un sombreiro que rematase en gol ou asistencia. Podería acadar o mesmo cun regate máis austero?Seguro. Pero como era un superdotado, podía ser á vez brillante e efectivo.
Sei que nós non podemos aspirar a xogadores desa talla, pero á nosa escala,encántanme.
A outras persoas fascinaralle o rigor táctico da
azurra. Eu non pagaría unha cadela por ver á Italia do 82, pese a que o seu fútbol levouna a ser campiona. E dende logo,non serei eu quen a minusvalore,porque uns chaíñas non pasean catro estrelas na camisola. Entendo que haxa devotos desa escola,pero a min non me veredes nese barco. Porque para min o fútbol básicamente é unha mestura de paixón é diversión e aínda que dende logo debe existir o sacrificio e o espírito de equipo, os os momentos apoteósicos deste deporte vivíronse con grandes destellos individuais: Maradona,Cruyff,Zidane,Dinho...
E
@Deckard permíteme esta licenza, pero últimamente vexo certa dose de condescencia nas túas mensaxes aos críticos co Chacho ou coa xestión do equipo. Unha certa superioridade intelectual e/óu moral ante aqueles que teñen opinións contrarias á túa Se cadra, é impresión miña, non nego esa posibilidade. Eu son o primeiro que bota man moitas veces da retranca, da observación irónica e, despois de postear dende 2005 , o máis seguro é que me pasase de freada en máis dunha ocasión e máis de dúas...Agora, tes dúas opcións pensar que teño a "pel moi fina" ou preguntarte se pode haber algo de certo no que digo.Déixoo á túa elección.
De seguro tes moito fútbol ás costas e es un tipo intelixente, pero eu xa hai un tempo que empecei a contar canas na barba e sei perfectamente que se pode tratar coma a un parvo ou a un histriónico a outro coa sutileza precisa sen ter que recorrer á brocha gorda do insulto e a descalificación directa.
Como xa che dixen,esta é unha observación moi persoal e, se cadra, errada,pero últimamente percibo unha polarización moi importante e unha falta de tolerancia á crítica e non falo dos "espontáneos" que aparecían no vello Delcelta e que aparecerán aquí coma os boletus despois das primeiras choivas do outono,senón en "históricos" coma ti ou outros. Certo ,é que non vos coñezo a ningún,pero despois de moreas de mensaxes,queiras ou non un vai debuxando un perfil,coma o de Hitchcock e sen ter tomado unha caña con ningún, moitos caédesme moi ben.
Venme á cabeza,
@JJC.Quen non pode ter unha visióon futbolística máis oposta á miña en moitos aspectos (promoción dos canteiráns, por exemplo),pero sempre me pareceu un home sensato e divertido. Ao final, por máis diferente que sexa ou sexades cada un dos foreiros a min, tamén vos alegrades cando gañamos e vos amola que perdamos. Supoño que ese é o quid da cuestión.
E xa para finiquitar a concordia: Cervi,PA-QUE-TE.