
Hugo Álvarez, prometedor extremo esquerdo nacido en Vigo o 2 de xullo de 2003 (22 anos), incorporouse ao primeiro equipo en xullo de 2024 e asinou contrato ata o 30 de xuño de 2028. O seu valor de mercado alcanza os 7,5 millóns de euros.
Hoxe tócame falar do outro Hugo, de Álvarez, que tamén se marcou un partidazo contra o Betis.
Non só foi o autor do gol do empate, que xa é dicir, senón que o rapaz botouse o equipo ás costas, sobre todo na segunda metade. Que maneira de pelexar cada balón e de xerar perigo! O gol foi unha volea dende a frontal que entrou chorando, pero hai que estar aí para metela.Ademais, o míster moveuno de posición e rendeulle á perfección, demostrando que é un xogadorazo moi completo.
A verdade é que dá gusto ver como a xente da casa responde deste xeito. Temos dous Hugos que son dúas xoias.