O centrocampista vigués Hugo Sotelo (19 de decembro de 2003, 21 anos) renovou o seu contrato a pasada tempada, estendéndoo ata xuño de 2028. Na listaxe de Transfermarkt aparece como mediocentro e cun valor de mercado de 4 millóns de euros.
📌 Primeiro equipo
Hugo Sotelo
🔍 Comparar con Sergio Carreira
🗓 Tempadas: 6
🎂 Idade: 21 años
🏟
Temporada 2025-2026:
Goles 0
· Asistencias 1
· Minutos 536
Todo parece que Hugo vai saír de inicio contra o Getafe pola esquerda. Ojalá lle saia un bo partido e vexamos un Hugo máis regular que o do ano pasado, que tivo momentos bos pero tamén baixóns.
Judith ReyTodo parece que Hugo vai saír de inicio contra o Getafe pola esquerda. Ojalá lle saia un bo partido e vexamos un Hugo máis regular que o do ano pasado, que tivo momentos bos pero t…
Pois eu non estou tan de acordo. Un par de partidos malos non poden tapar a boa campaña que fixo o ano pasado. É certo que tivo baixóns, pero tamén deu moitos puntos e mostrou calidade de sobra.
Hai que lembrar que é novo e aínda está en formación, así que o normal é que teña altos e baixos. Eu teño confianza en que este ano dea outro paso adiante. 💪💙
Entrou con Beltrán xa no banco e o centro do campo era un solar. Case non puido entrar en xogo e non conseguiu darlle criterio á saída do balón.
Mellor que se curta noutro lado, con partidos duros e responsabilidade. Agora mesmo paréceme verde e sen sangue suficiente para levar o peso dun Celta que precisa intensidade.
O de Hugo Sotelo onte foi tremendo. O rapaz é un crack, colleu a bola e foi o amo e señor do medio do campo. Con que tranquilidade xoga, non lle queima o balón nos pés!
A ver se agora colle confianza e o vemos a este nivel máis a miúdo, que calidade ten para dar e tomar. Temos xoia da casa para moito tempo.
O talentoso centrocampista é un dos xogadores con máis calidade do equipo, pero non logrou impoñer o seu ritmo no partido. Estivo ben vixiado polo mediocampo do Girona, que lle concedeu poucos espazos para pensar e executar. Deixou escintileos da súa visión de xogo con algún pase filtrado, pero a súa influencia na creación foi menor que noutros encontros.
Accede para responder. Acceder