Os primeiros 15-20 minutos comezou un pouco impreciso e cometeu algúns erros nos pases e fallou un ocasión clara de gol.
Pero logo foi entonándose pouco a pouco, e ao final acabou dando outra masterclass de fútbol.
Tamén lle vino ben marcar o gol de penalti, iso lle deu máis confianza e ahí foi cando empezamos a ver a mellor versión de Iago.
Está claro que agora coa súa idade xa se dedica máis a repartir xogo e asistir a Larsen e Douvikas... o físico xa non lle da para loitas carreiras, pero coa calidade que ten aínda que xogue andando xa lle da para producir fútbol en ataque, mover ao equipo e asistir aos puntas.
Non soamente é o máximo goleador do Celta con máis de 200 goles, e que tamén é un mediapunta cunha gran visión de xogo, o cerebro do Celta, leva máis de 50 asistencias de gol na súa carreira no Celta (e sin contar todas as que habrán errado os seus compañeiros).
Como o vamos botar de menos cando non esté, a ver quen adopta o seu rol. Por detrás aparecen os Hugos, que teñen boa pinta e calidade para asentarse no primeiro equipo, e a ver o que pasa cando Veiga remate o seu contrato en Arabia (teño o pálpito qué nun futuro volverá con nós), pero chegar aos números e a incidencia de Iago no noso club, é moi difícil.... con que algún deles faga a metade do que fixo Iago aquí xa podemos darnos con un canto nos dentes, dende logo.