O mellor dianteiro español dende os tempos de Villa, sen tapuxos o digo, Iago se come con patatas a Morata. E como sigue metendo goles e sendo decisivo tendo xa 37 anos.... que sorte tivemos de disfrutalo no noso Celta, por nivel podería xogar en clubes de moito máis nivel.
Si non houbese coincidido cun monstro como Luis Suárez no Liverpool, igual agora tería varios títulos gañados e estaría xogando nun grande europeo e sendo a súa figura moito máis valorada.... ser galego e coincidir co Pistoleiro matou as súas opcións de triunfar neste deporte...
Agora está facendo historia no clube da súa vida, na súa casa, pero penso que tiña potencial para chegar moito máis alto, e tamén tivo moi mala sorte no momento crucial onde podía dar ese salto á cima...
Pero sendo egoístas ese traspiés nos favoreceu a nós os celtistas, e así pudimos disfrutar deste fenómeno durante tanto anos, todavía non me imaxino como será o Celta cando él xa non estea, non son capaz de facerme á idea, isto vai ser un golpe tan duro como a marcha de Messi para o Barça. Disfrutemos dos últimos chispazos do mellor xogador da historia do Celta, don Iago Aspas Juncal.